Sentir o Mar

ONCE
Marín | 05/07/2018

http://boletinnoticiasgalicia.once.es/tematica/cre/sentir-o-mar

O Club Náutico de Aguete (Pontevedra)acolleu a presentación da publicación ‘Sentir o Mar, achegándonosao mar cos sentidos’, na que participou a directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez e o director do CRE da ONCE de Pontevedra, José Ángel Abraldes, entre outros. O libro recolle o traballo ralizado por un equipo de profesionais do ámbito educativo e social e demostra distintas formas de vivir o mar para as persoas con discapacidade visual.

O obxectivo da iniciativa é trasladar á sociedade que as persoas con discapacidade visual poden gozar do mar dunha maneira completa. Logo de presentar oficialmente a publicación, un grupo de afiliados da ONCE embarcaron en 15 embarcacións tradicionais previamente adaptadas e fixeron un percorrido por mar pola ría de Pontevedra.

Co obxectivo de achegar o mar aos membros da ONCE entregouselles unha maqueta a escala da embarcación na que se embarcaron para que poidesen recoñecer as partes do barco de forma doada. Tamén se lles deron láminas en relevo que lles permitiron completar a descrición do barco cos nomes de cada parte en braille realizar un percorrido guiado pola embarcación.

O libro nace promovido pola Consellería do Mar coa colaboración do CRE da ONE de Pontevedra e o Concello de Marín e está financiado polo programa europeo EcoDestin da Asociación Galega de Actividades Náuticas (AGAN+), que ten como obxectivos fundamentais dinamizar a náutica galega e converter a Galicia nun destino náutico por excelencia, aproveitando a súa riqueza natural e patrimonial.