Portos de Galicia estreita lazos coa náutica portuguesa

www.canalriasbaixas.com
Galicia | 22/06/2018
https://www.canalriasbaixas.com/2018/06/22/portos-de-galicia-estreita-lazos-coa-nautica-portuguesa

Portos de Galicia profunda na súa relación con Portugal. O seu presidente desprazouse ata a zona de Oporto cunha axenda con tres visitas institucionais, na procura de estreitar lazos cos clubes náuticos portugueses e afianzar futuras colaboracións. E é que a oferta náutica galega esperta un gran interese entre os navegantes do país veciño.

A promoción da náutica galega volveu levar a Portos de Galicia ata Portugal. O seu presidente visitou a zona de Oporto para manter encontros con tres clubes, na procura de establecer acordos de colaboración que favorezan o sector.

O obxectivo final é, segundo explican dende Portos, atraer a Galicia novos navegantes portugueses. No seu paso por Portugal, José Juan Durán mantivo reunións con membros da Marina Porto Atlántico, de Leixoes, Marina Douro, de Porto, e a de Poboa do Varcim, que non ocultaron o seu interese polas posibilidades que ofrece Galicia.

Estes encontros desenvolvéronse no marco dos proxectos europeos nos que participa o ente autonómico, Ecodestin e Capiten, que buscan potenciar o destino turístico Galicia-Norte de Portugal.

José Juan Durán regresou de Oporto cun novo compromiso dos clubes portugueses. E é que estarán presentes nas mesas técnicas que se celebrarán para definir a estratexia de Portos de Galicia para o desenvolvemento da náutica ata 2020.

Leave a reply

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>